JAZZ MARIÑAS é unha iniciativa do Consorcio As Mariñas, integrado polos concellos de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada coa subvención da Excma. Deputación Provincial de A Coruña, que nace coa finalidade de achegar o jazz, como expresión cultural e artística, aos mais de 150 mil habitantes do territorio e fomentar a interrelación dos/das habitantes que, a bon seguro, se desprazarán dun concello a outro para as actuacións.
Durante o mes de xuño o público de As Mariñas sentirá de preto o ritmo do novo jazz galego, unha escolma de grupos e solistas que abarcan toda a corrente dos novos creadores galegos. Este Festival, que nace con vocación de continuidade, sen dúbida virá a complementar e enriquecer a actividade cultural dos concellos do Consorcio As Mariñas facilitando á poboación o acceso a ofertas culturais plurais.