Grupos

MONICA DE NUT TRIO

A música de Mónica de Nut Trio mestura a linguaxe do jazz co son e algunhas dinámicas da música clásica, sen por iso pechar as portas á experimentación e aos trazos que caracterizan a música de raíz galega. No seu repertorio combina standards da tradición jazzística con temas propios e algúns clásicos da bossa nova. No seu horizonte inmediato atópase a gravación do seu primeiro traballo discográfico.

Mónica de Nut fórmase en música clásica, tradicional e jazz da man de profesores como Suso Atanes, Ramón Bermejo, Abe Rábade e Paco Charlin. Posteriormente trasládase a Madrid, onde estuda na Escola Superior de Canto. A improvisación e as posibilidades estilísticas do jazz permítenlle conxugar e expor todos os elementos aprendidos nas diferentes disciplinas musicais nas que se formou.

Paco Dicenta formouse con algúns dos mellores contrabajistas de Galicia como Paco Charlín, Kin García, Pedro Barreiros ou Pepe Bordallo. Ten experiencia nos máis variados estilos formando parte de numerosas bandas de jazz, funk, latin, folk, world music, pop, percusión africana ou rythm’n blues. Desde fai algún tempo comparte escenario con Mónica de Nut en formacións como Arte Nut, Monalisa Rarajazz ou Litanei. Actualmente é membro do cuarteto do baterista Carlos López.

Alberto García estudou música clásica coa profesora de piano Almudena Cano, improvisación con Emilio Molina e jazz na Escola de Música Creativa de Madrid con Pepe Rivero e Tony Hemer. Actualmente reside en Madrid, onde actúa en numerosos escenarios xunto a Mónica de Nut.

  • Formación:
  • Monica de Nut: canto
  • Paco Dicenta: contrabaixo
  • Alberto García: piano
ROBERTO SOMOZA JAZZ ORCHESTRA “The Vanguard”

THE VANGUARD é a cuarta gravación de Roberto Somoza como líder. Fiel aos cambios na súa discografía (tanto de formación, como de estilo), nesta ocasión reúne un octeto para render o seu particular tributo ao saxo alto e aos grandes mestres deste instrumento. Unha sección de cinco ventos e trío de ritmo dan forma a un proxecto que se presentará no festival Jazzmariñas e que será unha boa oportunidade para comprobar os labores de Somoza como compositor e arreglista para pequena orquestra moderna de jazz.

Roberto Somoza comeza a súa formación musical aos 8 anos de idade no Conservatorio da Coruña, onde cursa estudos de clarinete, solfexo e harmonía. Atraído polo mundo do Jazz, aos 14 anos cambia o seu clarinete por un saxofón tenor e iníciase de forma autodidacta na nova disciplina. Empeza a relacionarse con distintos músicos locais e a tocar con distintas agrupacións, como a Big Band de Antonio Cal, a Old Dixie Band,etc. Participa en diversos seminarios entre os que destacan os impartidos por Irakere, Pedro Iturralde, Benny Wallace, James Williams, etc. Na tempada 91-92 traballa coa orquestra da Televisión de Galicia (TVG). No ano 1994 consegue o primeiro premio no festival Xacobeo Pop Rock, na súa breve incursión neste estilo. A partir de entón traballa con distintas formacións como a “Atlantic Band” de Fernando Llorca (co que grava un disco), a dúo co pianista Nani García, Alberto Conde, Uxía, Joao Afonso, o trío Jazzers, Susana Seivane, etc. Gravou catro discos ao seu nome: Regra de Tres, Tempos de Cambio, Trio Eléctrico e The Vanguard. Ademais é profesor de saxofón no Grao Superior de Jazz do Conservatorio da Coruña.

  • Formación:
  • Roberto Somoza: Saxofón Alto
  • Hansel Luís Díez: Trompeta & Fliscorno
  • Ricardo Costa: Trompeta & Fliscorno
  • Edward Machado: Trombón
  • Nandor Kasza: Trombón
  • Jacobo de Miguel Bueres: Piano
  • Kin García: Contrabaixo
  • Fernando Llorca: Batería
ALBERTO CONDE TRÍO

Formado inicialmente no Conservatorio de Ourense -onde se graduó en guitarra clásica-, no Taller de Músicos de Barcelona e no San Diego School of Performing Music, a partir de 1985 Alberto Conde dedícase ao estudo do piano de forma autodidacta. O teclado seduciulle ata o punto de dedicarlle a partir de entón a súa carreira profesional, aínda que non abandonou as súas outros fortes: a dirección e os arranxos orquestrais, disciplinas nas que se curtiu, entre outras experiencias, dirixindo á orquestra coruñesa Os Satélites dende 1986 a 1990. En 2002 estreou en Viana do Castelo o seu concerto sinfónico para guitarra e orquestra Sons de Bitácora, e máis tarde fixo o propio cos seus arranxos orquestrais para o seu traballo discográfico Entremares, coa participación da Big Band da Deputación de Ourense. Na encrucillada que afronta o jazz en España, situado entre os patróns do jazz clásico afroamericano e os novos camiños abertos pola tradición jazzística europea, Alberto Conde optou por inventar a súa propia liña. A súa idea é a de recoller a música popular e folclórica galega e facela interaccionar co swing afroamericano. Pezas sobradamente coñecidas polo público como A Rianxeira ou Negra Sombra soan diferentes baixo o seu prisma e interpretadas co formato de trío clásico, aínda que este incorpora elementos que aventuran un resultado diferente ao que cabería esperarse: Baldo Martínez achega a súa experiencia en terreos máis vangardistas e Khalsa ocúpase de darlle ao repertorio un sabor étnico coa percusión.

O ferrolán Baldo Martínez realizou estudos musicais no Conservatorio da Coruña e no Municipal de Barcelona. A súa inquietude creativa levouno por diversos mapas musicais para desenvolver a súa creatividade, desde o jazz de Clunia ata a agrupación de improvisación libre Orquestra Foco.
No Festival Internacional de Jazz de San Sebastián obtén o segundo premio co grupo Clunia no ano 1983, o primeiro premio en 1985 con Maria Joao Cuarteto e outra vez o segundo premio co grupo Baio en 1986.
Os seus discos como líder No país dos ananos (1999) e Zona Acústica I (2003) obteñen a cualificación de segundos mellores discos nacionais de jazz nos seus respectivos anos de lanzamento. No ano 1998 recibe o encargo do Festival Internacional de Jazz de Guimaraes para compor e dirixir o Projecto Miño, liderando un noneto e utilizando como inspiración a música tradicional de Galicia e do norte de Portugal. Foi recoñecido pola revista Cuadernos de Jazz como mellor gravación española do ano 2008 e destacado pola prestixiosa revista francesa Jazz Magazine como un dos 10 mellores discos do mes de xaneiro de 2008, ademais da nominación como mellor disco de jazz nos Premios da Música.

O percusionista, baterista e compositor Nirankar Khalsa conta cunha ampla experiencia cos máis variados instrumentos de percusión: batería, táboa hindú, darbuca, bongos, congas e outros instrumentos como frautas e piano. Desde pequeno respirou un ambiente musical grazas ao seu pai William H. Henderson, que foi compañeiro e músico de grandes artistas como Eddie Harris, Ahdmad Jamal, Lionel Hampton, Gene Ammons, Sonny Stitt e Marvin Gaye entre outros. Comezou estudando piano coa súa nai aos 7 anos, para facer o propio coa batería e percusión co seu pai. Aos 14 anos estudou no conservatorio Blaylock dos Angeles, cos mestres John Boudreaux e Melvin Stinette, ambos de Nova Orleans, onde se especializou en música afroamericana. Continuou os seus estudos no "Domínguez High School" dos Angeles (big band, orquestra sinfónica e marching band). Máis tarde foi director de percusión na Comunicative Arts Academy", paso previo ás súas colaboracións no "Centro Malcolm X", "Organization Ou:G:M:A:A:" e Pan African People´s Arkestra, onde foi compañeiro do improvisador e pianista Horace Tapscott. Nesa época actúa xunto a mestres como Arthur Blythe, Steve Turre e Fuasi Abdul Khaliq, entre outros. Se gradúa en Estudos Pan Africanos e especialízase en Estudos Afro Americanos na California State University.
Traballou e gravou con Donald Byrd, Arthur Blythe, Alice Coltrane e os seus fillos Ravi e Oran, Billy Higgins, Juano Lewis, o mestre Kwasi Badu de Nixeria, Little Richard e Ray Manzarek.
Desde 1993 reside en Madrid, traballando e gravando con Radio Tarifa, Adolfo Rivero, Malik Yaqub, Black Market, Fillas Do Sol, Patxi Andión, Chano Dominguez, Enrique Morente, Joaquín Cortés e Jorge Pardo.

  • Formación:
  • Alberto Conde: piano
  • Baldo Martínez: contrabaixo
  • Nirankar Khalsa: batería e percusión
LUCÍA MARTÍNEZ CUARTETO

Desde os seus inicios na Universidade Popular de Vigo, a percusionista Lucía Martínez non escatimou esforzos na súa formación musical, seguindo un periplo que a levou ao Conservatorio Mayeusis, á Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia, á Guidhall Scool of London, á ESMAE de Porto e, recentemente, a gozar dunha bolsa Erasmus no Institute Politecnic of Helsinki. Tamén curtiuse no ámbito do folk colaborando con artistas como Mercedes Peón, Uxía Senlle ou Rodrigo Romaní, e no ámbito da música clásica coa Orquestra Clásica de Vigo, a Real Filharmonía de Galicia e a Orquestra Sinfonieta. A pesar da súa mocidade foi chamada por Nani García en 2007 para formar parte da Imaxina Jazz Orquestra. Actualmente forma parte do Projecto Miño do contrabajista e compositor ferrolán Baldo Martínez e cursa un máster en jazz na Universidade das Artes (UdK) de Berlín.

A xestación do seu cuarteto ten lugar durante a súa estadía no ESMAE de Porto, ao que tamén pertencen o resto dos seus membros, formando así unha agrupación netamente galaico-portuguesa. O repertorio é orixinal da percusionista viguesa •exceptuando a súa versión do tradicional Eu de Marín ausentéime-, con claras influencias da música tradicional e clásica española e do jazz intimista característico dos países nórdicos.
Á fronte do seu cuarteto gravou un primeiro cd baixo o título Soños e Delirios que lle valeu unha resposta moi positiva e unánime por parte da crítica especializada. Para o seu debut discográfico contou con colaboradores da altura do saxofonista Perico Sambeat e da cantante Maria Joao.

  • Formación:
  • Lucía Martínez: batería e percusión
  • Joao Pedro Costa: saxo
  • Pedro Neves: piano
  • Carl Minneman: contrabaixo
MARCELINO GALÁN “ZINCO”

Logo de colaborar como sidemen en diferentes formacións de jazz e doutros estilos musicais e de rexistrar un excelente primeiro traballo ao seu nome (Roho) en 2003, o guitarrista coruñés Marcelino Galán presenta Zinco. No seu novo quinteto, e na gravación do disco homónimo, danse cita algúns dos máis renombrados músicos de jazz novos da escena galega, tamén implicados en proxectos sólidos como Sumrrá, S.O.S Trio ou Xacobe Martínez Antelo Quinteto.

O guitarrista Marcelino Galán estudou o Grao Superior de Música Moderna no Taller de Músicos de Barcelona e posteriormente na Berklee College of Music de Boston. Actuou en diferentes eventos e festivais jazzísticos en cidades como Barcelona, Montpellier, Terrasa ou Lion. Na actualidade é profesor na área de jazz do Conservatorio Superior de Música da Coruña.

Manuel Gutiérrez cursou os seus estudos musicais no Conservatorio da Coruña e logo formouse de xeito autodidacta na linguaxe do jazz e noutros estilos como o blues, o folk, a música tradicional ou as bandas sonoras. As súas múltiples colaboracións en todos eses terreos leváronlle a cidades como Madrid, Getxo, Montreaux, Barcelona, Mallorca etc. Como pianista de jazz destaca a súa participación no trío galego Sumrrá, e como acompañante da cantante Terela Gradín.

Xacobe Martínez curtiuse ao longo dos últimos anos en numerosos proxectos de diferentes tipos de música: Rumorosos, Ausgang, O Rei Pallaso, 3 Pés, Clan Moriarty, Mercedes Peón, Marful ou Narf, pero é no ámbito do jazz onde atopou a súa canle expresiva natural, destacando a súa participación en Sumrrá, Terela Gradín Quartet, FAT, Jaime Alvarellos Quartet ou Cool Hamsters entre outros. É un dos músicos galegos máis prolíficos do momento e en 2006 gravou Isto É Jazz!!!, o seu primeiro traballo como líder á fronte dun estupendo quinteto.

Pablo Castaño iníciase na música a través das bandas de música populares galegas. Obtén o Título Superior de Saxofón no Consevatorio da Real Sociedade Amigos do Pais. Nas mesmas datas obtén a Diplomatura de Mestre en Educación Musical e máis adiante o Diploma Profesional en Música Moderna outorgado pola Escola Estudo, á que representa en dous Jazz Meetings da IASJ. Completa a súa formación jazzística no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra durante tres anos consecutivos. Participou en numerosos seminarios en Valencia, A Coruña, Madrid, Zarautz e Bassano (Italia). Na actualidade desenvolve a súa carreira en EEUU colaborando con diferentes músicos en gravacións e sesións e actuando coa Afro Cuban Jazz Orquestra no prestixioso Jazz Lincoln Center.

Max Gómez, o membro máis novo do quinteto, é un dos músicos máis solicitados do panorama jazzístico galego. Estudou con Paco Charlín, Bruno Pedroso, Ramón Anxo Rei, Abe Rábade e Luís Alberto Rodríguez. Como un dos membros máis destacados do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra acompañou a músicos da altura de Perico Sambeat, Víctor de Diego, Zé Eduardo, Joao Moreira, Carlos Barretto ou Albert Bover. Entre as clases maxistrais ás que asistiu destacan as impartidas por José Luís Gámez, Míkel Andueza, Chris Kase, Jo Krause, Lluis Vidal, Mulgrew Milleiro e Greg Bisonette.

  • Formación:
  • Marcelino Galán: guitarra
  • Manolo Gutiérrez: piano
  • Pablo Castaño: saxo
  • Xacobe Martínez: contrabaixo
  • Max Gómez: batería
ANGELES DORRIO CUARTETO

O cuarteto de Ángeles Dorrio presentouse ao público durante a edición de 2009 do Festival Iberojazz. No seu camiño conxuga as súas propias creacións -que profundan tanto no soul como no jazz-con versións persoais de temas bandeira de estilos actuais como o nu-jazz ou o neo-soul.

A vocalista coruñesa Ángeles Dorrio formouse con profesores como Helen Rowson (Técnica Voice Craft) e Miguel Manzo (Técnica Speech Level Singing). Ten unha ampla experiencia en formacións de jazz (Presto Vivace Big Band, Beklar Jazz Quartet, Máis que Jazz) e de soul (Vocal Secrets) e como colaboradora participou en traballos discográficos de diferentes artistas (Carmen Rei, Matinalsystem, Ludus Tonalis, etc) Actualmente forma parte do grupo de acid-jazz Venueconnection co que gravou o seu segundo álbum, editado polo selo alemán Phazzadelic, ademais de ser a voz de Silent Djazz, banda creada polo Dj Ino.

Sergio Delgado, teclista e director musical do cuarteto, naceu en Cuba, onde se graduó na especialidade de clarinete. Posteriormente decántase polo piano, instrumento ao que dedicou desde entón a súa carreira musical. Recentemente chegado a Galicia forma parte da Coruña Big Band e colabora con moitos músicos galegos do ámbito do jazz e doutros estilos. En 2005 logra o primeiro premio do concurso de composición Concerto Autor da S.G.A.E. xunto ao saxofonista Carlos Averhoff Jr. Na actualidade , ademais de profesor de piano e informática musical, é membro fixo das formacións Carmen Rei Grupo, Silent Djazz e Calixto Oviedo Trío.

O baixista coruñés Octavio Vargas comezou os seus estudos musicais con Quique Alvarado. Estudou Solfexo, Harmonía e Improvisación na Escola Estudo de Santiago de Compostela. Formou parte de varios grupos de jazz (Badia, Gong) e participou en diferentes festivais do xénero, ademais de colaborar como músico de sesión en diversas producións.

Miguel Cabana estudou batería con Antonio Cruz “Perillo” e percusión latina con Javier Ferreiro “Man”. Completa a súa formación na Escola de Música Creativa de Madrid, así como en numerosos seminarios e clinics. Está licenciado en Jazz Performance pola Guildhall School of Music and Drama de Londres. Na actualidade compaxina a docencia con diferentes proxectos artísticos: Jose Luís Evangelista Cuarteto, Carmen Rei Grupo, Javier Constenla Trío, Venueconnection, Silent Djazz, Nani García, Clifford 8, Monkillos, etc.

  • Formación:
  • Ángeles Dorrio: voz
  • Sergio Delgado: piano e teclados
  • Octavio Vargas: baixo eléctrico
  • Miguel Cabana: batería
3AZOTEAS

3AZOTEAS ten como única pretensión darlle cabida ás inquietudes musicais dos seus integrantes, tomando o jazz como punto de partida, pero desde unha perspectiva aberta, sen prexuízos nin imposicións estilísticas ou compositivas. O nome do grupo pode entenderse como unha alegoría: tres azoteas decoradas, organizadas e amobladas dunha forma diferente, pero integrantes do mesmo edificio e xa que logo ensambladas cuns parámetros arquitectónicos similares. O seu jazz bebe -no referente á súa estrutura, harmonía e intención- do rock e o jazz progresivos aínda que sen mostrar unha liña completamente homogénea. O trío participou en importantes festivais: Imaxinasons 2008, XXXVI Certame Audiovisual Casino Liceo de Vilagarcía, Iberojazz 2009, Arteria Noroeste Jazz Festival e Pontevedra Campus Jazz 09. Actualmente atópase en proceso de produción do seu primeiro traballo discográfico.

Pablo Pérez ten unha considerable e variada experiencia como instrumentista e compositor. Realizou os seus estudos con músicos como Daniel Martínez, Cecilio Morais, Quique Alvarado, Paco Charlín, Kin García, Dalibor Sebestnik e Alfonso Morán. Compuxo música para curtametraxes como “Tauromaquia” e para teatro (“O Navegante” de Chévere), ámbito no que tamén participa como contrabaixista de directo da compañía Berrobambán. A súa música pode escoitarse en documentais, programas de televisión, anuncios comerciais de tv, radio e videoxogos, así como en formacións de música tradicional como “Fía Na Roca” ou “Xúa”.

Iago Mouriño iniciouse como pianista clásico para penetrarse logo no jazz da man de profesores como Xavier Constenla e Carlos Calviño. Na actualidade continúa formándose no Conservatorio Superior de Música da Coruña. No ámbito do teatro traballou como compositor e guionista da compañía Teatro Secundario, colabora na montaxe de espazos sonoros para a Escola Municipal de Teatro de Lalín e forma parte de Fantoches Baj. Tamén ten experiencia en música para publicidade, radio, música para cine mudo e concertos didácticos de música clásica. Gravou con grupos de poprock como Heissel, Gloomy House, Deuteronistas, Suitable e Atmosfera 0, colabora co Conservatorio de Música Tradicional e Folk de Lalín e forma parte de grupos de jazz como Tres Tria Trium, Telegraph Vadis, DINA4 e Jazzeros Inoxidables.

Miguel Queixas introdúcese na música de forma autodidacta. Máis tarde estuda batería e linguaxe musical na Escola de Músicos (A Coruña) da man de Andrés Rivas e Manolo Brei, aínda que o profesor que marcaría a súa carreira -na Escola Municipal de Música da Coruña- será Miguel Cabana, co que aínda segue estudando e co que comparte un proxecto de percusión afro-cubana xunto a Javier Ferreiro "Man" (Luar na lubre). A súa formación continúa cos profesores José Antonio Acuña e Teresa Sayas. Desde o ano 2005 forma parte da compañía Nova Galega de Danza, coa que representa os espectáculos "Alento" e "Engado". Tamén ten experiencia docente na Escola de Músicos e no Centro de Ensinanzas Musicais Adagio Cantabile. Na actualidade estuda o terceiro curso da especialidade de jazz do Conservatorio Superior de Música da Coruña.

  • Formación:
  • Pablo Pérez: baixo eléctrico
  • Iago Mouriño: piano e teclados
  • Miguel Queixas: batería
AFONSO MORÁN CUARTETO

Afonso Morán Cuarteto propón un repertorio de composicións orixinais do contrabaixista Afonso Morán, un músico que acostuma colaborar noutros proxectos dentro de ámbitos como o jazz (foi o contrabajista do trío e o cuarteto de Roberto Somoza entre outros), a música clásica ou o folk, pero que xa presentou nalgunha ocasión a súa propia proposta musical baixo a denominación Vizinhos de Morán.

Roberto Somoza. Comeza a súa formación musical ós 8 anos de idade no Conservatorio da Coruña, onde cursa estudos de clarinete, solfexo e harmonía. Atraído polo mundo do Jazz, ós 14 anos cambia o seu clarinete por un saxofón tenor e iníciase de forma autodidacta na nova disciplina. Empeza a relacionarse con distintos músicos locais e a tocar con distintas agrupacións, como a Big Band de Antonio Cal, a Old Dixie Band, etc. Participa en diversos seminarios entre os que destacan os impartidos por Irakere, Pedro Iturralde, Benny Wallace, James Williams, etc. Na tempada 91-92 traballa coa orquestra da Televisión de Galicia (TVG). No ano 1994 consegue o primeiro premio no festival Xacobeo Pop Rock, na súa breve incursión neste estilo. A partir de entón traballa con distintas formacións como Atlantic Band de Fernando Llorca (co que grava un disco), a dúo co pianista Nani García, Alberto Conde, Uxía, Joao Afonso, o trío Jazzers, Susana Seivane, etc. Actualmente conta con tres discos ao seu nome (Regra de Tres, Tempos de Cambio, Trio Eléctrico) e un cuarto (The Vanguard) que será presentado durante o festival JazzMariñas. Ademais é profesor de saxofón no Grao Superior de Jazz do Conservatorio da Coruña.

Pablo Seoane. Formado inicialmente no Conservatorio Superior da Coruña, e tras realizar estudos de jazz no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra da man de Ábe Rábade, Pablo Seoane desenvolveu durante os últimos anos a súa inclinación natural polo jazz e outras músicas afíns. Entre os seus traballos destacan as súas colaboracións como compositor, arreglista, pianista e guitarrista cos artistas brasileiros Claudia Campos e Carlos Gustavo de Almeida. Tampouco lle é alleo o mundo do teatro, para o quecompuxo e arranxou música ademais de achegar o seu labor como instrumentista. É, con todo, no formato clásico de trío de piano de jazz no que o ferrolán expón mellor as súas calidades como pianista. En 2002 comeza a traballar a trío e dous anos despois grava o seu primeiro cd con esa formación, chamado Poplitea. No 2006 grava Falou, o seu segundo disco como líder. Está colaborando a dúo co baterista Luís Alberto Legido e ultima a súa seguinte gravación co seu novo cuarteto.

Carlos López. Comeza a súa formación ós quince anos con clases particulares. Posteriormente estuda Solfexo e Batería na Escola de Músicos da Coruña. En Barcelona permanece cinco anos obtendo o Grao Superior de Música Moderna como instrumentista na especialidade de Jazz no Taller de Músics, ademais de estudar Percusión Clásica no Real Conservatorio do Liceo. En Estados Unidos obtén o título Jazz Elective Intensive no Drummers Collective de Nova York e é bolseiro para estudar na Berklee College of Music. Participou tamén en numerosas Master Classes con Peter Erskine, Alex Acuña, Horacio El Negro, etc. Como líder e compositor gravou Carlos López Quartet e recentemente Last Minute, un traballo que se publicará en breve e no que incorpora elementos do hip hop e outros estilos musicais.

  • Formación:
  • Afonso Morán: contrabaixo
  • Roberto Somoza: saxo
  • Pablo Seoane: piano
  • Carlos López: batería